Curiosidades sobre animais
Feito por Ainhoa, Álvaro D., Xiana e Xavi.
Informamos sobre os animais que teñen habilidades ou curiosidades importantes.
O mundo animal é sorprendente e del aprendemos un sen fin de datos curiosos, máis propios de películas de ciencia ficción:
• Un animal moi intelixente é o delfín xa que é un excelente comunicador a través de xestos e sons complexos.
• A araña saltarina é un pequeno arácnido que destaca pola súa habilidade para saltar distancias impresionantes de ata 50 veces o seu tamaño.
• Os íbices, son cabras dos Alpes, son animais que poden camiñar por paredes, rocas…case verticais.
• A rata topo ten a maxestosa habilidade de non envellecer.
• A formiga explosiva de Malasia ten un mecanismo de defensa fóra do común: cando a súa colonia é atacada suben ao abdome do animal e inxéctanlle unha substancia moi velenosa.
• O falcón peregrino é unha ave capaz de alcanzar os 300km/h no voo.
• As sepias son uns moluscos cefalópodos coñecidos por ter unha habilidade única no reino animal , xa que se poden camuflar á perfección no entorno.
• A araña codia de Darwin ten a habilidade de fabricar a tea de araña máis forte do mundo.
• Os tardígrados son os organismos máis resistentes de toda a terra.
• As aves lira teñen a capacidade de repetir calquera son que imaxines á perfección.
1 comentarios:
Xabi, alumno de 6ºA: Grazas! Agora xa sei algo máis sobre animais