Últimas Novas
Amosando publicacións coa etiqueta educación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación. Amosar todas as publicacións
0 comentarios

Nenos e nenas sen estudos: temos que actuar xa

                                                                                    Feito por Álvaro C., Álvaro D., Andrea e Micaela.                                                                       
 

Millóns de adolescentes no noso planeta, de entre 12 e 15 anos, están privados do seu dereito á educación.

Un informe, financiado pola Asociación Global para a Educación (2012), mostra que a medida que os nenos crecen, aumenta o risco de non comezar nunca a escola ou de abandonar os estudos.

En total, 121 millóns de nenos/as e adolescentes nunca acudiron á escola nin abandonaron a escola, a pesar da promesa da comunidade internacional de acadar a Educación para Todos/as en 2015. Os datos mostran que desde 2007 avanzouse pouco na redución deste número.


Os nenos/as que viven en zonas de conflito, os que sofren discriminación por motivos de etnia, xénero e discapacidade, son os máis afectados. Tamén hai unha crecente preocupación de que os logros obtidos no acceso á educación se deterioren sen un cambio fundamental nas políticas e os recursos.


Para afrontar problemas globais como o cambio climático, o esgotamento dos recursos naturais ou as desigualdades sociais e económicas, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas adoptou en 2015 a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, unha alianza mundial para que os países e as súas sociedades emprendesen un novo camiño co que mellorar a vida de todas as persoas, sen deixar a ninguén atrás.


A UNESCO e outras organizacións internacionais coinciden en sinalar que a educación representa unha estratexia esencial na consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible). A educación está explicitamente formulada como un obxectivo independente no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 4, que propón garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos e todas.


Algunhas das metas do ODS 4 que se deben alcanzar en 2030 son:


    • Asegurar que todas as nenas e nenos terminen o ensino primario e secundario,

    • Eliminar as disparidades de xénero na educación,

    • Asegurar o acceso igualitario a todos os niveis de ensino

    • Velar por que todos os mozos e mozas estean alfabetizados e teñan nocións elementais de aritmética e coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sostible.


Pero a educación, ademais de ser un obxectivo integral da Axenda 2030, é recoñecida como un facilitador clave para o logro de todos os demais ODS. Neste sentido, a educación é crucial para transformar a nosa forma de pensar e actuar en prol da sustentabilidade e debe facilitar aos alumnos/as os coñecementos, habilidades, valores e actitudes que os empoderen para contribuír co desenvolvemento sostible.

Se non actuamos, 25 millóns de nenos e nenas nunca irán á escola.






( Etiquetas: ) Ler máis
1 comentarios

Entrevista: Unha viaxe a Guatemala

                                                                                    Feito por Andrea, Bruno, Cloe e Raúl.                                                                       
O martes, 3 de decembro, entrevistamos a Rosa Suárez e a Fátima Rodrígez sobre a súa visita a Guatemala.


Queremos agradecer a boa disposición tanto de Rosa como de Fátima para poder realizar este traballo.



( Etiquetas: , , ) Ler máis
2 comentarios

As redes sociais

                                                                                              Feito por Aarón, Micaela, Otto e Xulia.           
POR QUE ESTAMOS ADICTOS ÁS REDES SOCIAIS?

Segundo os expertos, hai tres motivos fundamentais:

    • A tendencia á impulsividade. É dicir, que xa imos ao móbil automaticamente.
    • A necesidade de ter unha influencia social ampla e expansiva, é dicir, que sempre imos querer a maior cantidade de “likes”.
    • A necesidade de reafirmar a identidade de grupo.


COMO AFECTAN AS REDES SOCIAIS AO NOSO CEREBRO?

Cando estamos excesivamente no teléfono móbil, nos videoxogos, na televisión..., estimulamos o centro do cerebro facendo que esteamos máis distraídos.
Dependendo do tempo que utilizamos dispositivos electrónicos pode ser bo ou malo.

QUE CAUSAN?

Fake news.
Desconcentración.
Roubar datos.
Adicción.
Depresión.
Estrés.
Suicidios.
Pouca autoestima.
Perda de autocontrol.
Dependencia.

COMO PODEN SER ADITIVOS?

Mandando notificacións para que a xente entre na aplicación e que teña máis actividade.
Pensan que somos unha especie de “rata de laboratorio”, que facemos o que eles queiran que fagamos.

Teñen os seus propios obxectivos e os seus propios medios para conseguir o que queren.

As redes dominan practicamente todo o mundo. Contrólannos máis elas a nós que nós a elas.

AS REDES SOCIAIS E OS ADOLESCENTES

 Afecta a saúde mental e fai que os/as adolescente se comparen constantemente e xera que se poñan en perigo polos comentarios e “likes”.

O impacto negativo das redes pode xerar ansiedade de encaixar na sociedade, grupo...

A exposición ás pantallas moito tempo pode provocar fatiga visual, dor de cabeza, dores de pescozo e lombo con outros problemas de saúde relacionados coa postura xa que cando estas co móbil desconectas de mundo e só te centras na pantalla.

Un dos grandes problemas é que se critican fisicamente, chegando incluso a extremos de facer a cirurxía plástica.

Reflexión: 

Podemos desde pequenos/as aprender un bo uso das pantallas, ser autocríticos/as e ter conciencia de nós mesmos/as.





















( Etiquetas: , ) Ler máis