Últimas Novas
Amosando publicacións coa etiqueta actualidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actualidade. Amosar todas as publicacións
0 comentarios

O auto-tune

                                                                                    Feito por Xavi,Alba,Aaron,Ainhoa.                                                                       


É un procesador de audio lanzado o 19 de setembro de 1997 por a empresa estadounidense Antares Audio Technologies. Utiliza un dispositivo patentado para medir e corrixir a afinación na música.


Orixinalmente, Auto-Tune foi deseñado para disimular ou corrixir  desafinacións, permitindo que as pistas vocais estiveran perfectamente afinadas. A canción de Cher de 1998  «Belive»  popularizou a técnica de usar Auto-Tune para distorsionar  as  voces. Desde entón, foi utilizado por moitos  artistas de diferentes xéneros.


Actualmente, este software converteuse nunha ferramenta indispensable na industria discográfica, sendo utilizado por unha ampla gama de artistas. O certo é que o nivel de corrección de ton empregado en cada unha das pistas dun tema pode ser modificado, con todo, o seu uso popularizouse a mediados da década pasada debido ao impacto da música urbana, o trap e o reggaetón. En España, algúns dos artistas máis recoñecidos polo uso do Auto-Tune son Yung Beef, Bad Gyal ou C. Tangana.


En 2018, o crítico musical Simon Reynolds observou que  o Auto-Tune   «revolucionara  a música popular» describindo o seu uso para efectos como "a moda que simplemente non desaparecería".


                                                      FUNCIÓN


Auto-Tune  está dispoñible como un complemento para estacións de traballo de audio dixital  en entornos de estudio, así  como nunha unidade  independente  montada en rack  para procesamentos en presentacións en vivo.


O procesador axusta lixeiramente  as afinacións  ao semitono correcto máis  próximo (ao ton exacto da nota máis próxima na afinación temperada tradicional).





( Etiquetas: ) Ler máis
0 comentarios

Socorro!

                                                                                    Feito por Cloe, Martina, Raúl e Xabi.                                                                       
O 27 de decembro de 2024 descubriuse que no noso planeta ía caer un asteroide chamado 2024 YR4. Foi descuberto pola estación chilena Sistema ATLAS.

2024 YR4 é un asteroide entre 40 e 90 metros de diámetro. Clasificado como un obxecto próximo á Terra de tipo Apolo.

Ao principio, a  Axencia Espacial Europea calculaba un 0,0016% de probabilidades de colisión e a Axencia Espacial Estadounidense, NASA, estimaba un 0,0050%. 

Pero, hai pouco, o Telescopio Espacial “James Webb”, confirmou que o asteroide non caerá no noso planeta o 22 de decembro de 2032, como inicialmente se temera.

Non obstante, os astrónomos non descartan que impacte contra a Lúa nesa mesma data, manténdose unha probabilidade próxima ao 2% de que isto pase. 


Estaremos atentos/as!


( Etiquetas: , ) Ler máis
0 comentarios

A Dana

                                                                                       Feito por Álvaro C., David, Martina, Xabi.                

DANA significa "Depresión de alto nivel illada" e é basicamente unha masa de aire frío que está illada e circula a gran altitude, un embalsamamento de aire frío con circulación pechada en niveis altos e con sentido de xiro ciclónico.

Ocorreu que de tanta chuvia os ríos empezaron a ter auga de sobra, desbordáronse. Esta auga cubriu estradas, pasou a outros ríos...e chegou a catástrofe.

O fenómeno que afectou a España (coñecido como Dana) soe producirse durante a estación outonal porque a calor superficial que queda do verán atópase cunha repentina invasión fría no aire procedente das rexións polares.

A Dana afectou a sitios como Valencia, Málaga, Tarragona, Alicante, Barcelona, Paiporta...ademais de ter alerta laranxa nas Illas Baleares.

En total en Valencia caeron 250/300 litros por metro cadrado. En Málaga chegaron a caer 120 litros por metro cadrado en 12 horas, e nos outros sitios foi similar.

Houbo moitísimos mortos, feridos e desaparecidos, sobre todo en Valencia.

O cambio climático afectou á dana porque a enerxía adicional na atmosfera e o quecemento global xeran condicións favorables para a formación de eventos intensos como a dana.

Unha das cousas que se poden facer para que esta traxedia non volva ocorrer son, por exemplo:

- Promover barreiras portátiles en rúas e edificios.

- Desurbanizar zonas, recuperando espazos de inundación libres de obstáculos.

- Permeabilizar barrios urbanos inundables con espazos permeables e filtrantes u estanques  para almacenar auga.



( Etiquetas: ) Ler máis