Últimas Novas
0 comentarios

Socorro!

                                                                                    Feito por Cloe, Martina, Raúl e Xabi.                                                                       
O 27 de decembro de 2024 descubriuse que no noso planeta ía caer un asteroide chamado 2024 YR4. Foi descuberto pola estación chilena Sistema ATLAS.

2024 YR4 é un asteroide entre 40 e 90 metros de diámetro. Clasificado como un obxecto próximo á Terra de tipo Apolo.

Ao principio, a  Axencia Espacial Europea calculaba un 0,0016% de probabilidades de colisión e a Axencia Espacial Estadounidense, NASA, estimaba un 0,0050%. 

Pero, hai pouco, o Telescopio Espacial “James Webb”, confirmou que o asteroide non caerá no noso planeta o 22 de decembro de 2032, como inicialmente se temera.

Non obstante, os astrónomos non descartan que impacte contra a Lúa nesa mesma data, manténdose unha probabilidade próxima ao 2% de que isto pase. 


Estaremos atentos/as!


0 comentarios: