Últimas Novas
0 comentarios

Receita Entroido: Chulas

 

Feito por Cloe, Martina, Raúl e Xabi

O Entroido estase acercando e por iso imos ensinarvos como facer as chulas, unha receita tradicional de Entroido.

 Ingredientes:

 2 ovos.
170 gramos de fariña.
1/2 vaso de leite.
50 gramos de azucre.
 Aceite de oliva para fritir.
Unha cucharada de azucre para espolvorear. 

 Preparación: 
 1.Bater os ovos co azucre. 

2.Engadir o leite, mesturando ben, e engadir a fariña, seguir batendo ata obter unha masa semilíquida. 

3.Botar pequenas cantidades de masa nunha tixola con abundante aceite ben quente, fritindo ata que estean douradas. Usar unha culler de sopa como medida para verter a masa na tixola, con estas cantidades obtense unhas 40 chulas. 

4.Retirar e escorrer sobre papel de cociña para eliminar o exceso de graxa e espolvorear con azucre. 

 O tempo de preparación é de 40 minutos. 

Agardamos que vos guste moito!








0 comentarios: