O auto-tune
É un procesador de audio lanzado o 19 de setembro de 1997 por a empresa estadounidense Antares Audio Technologies. Utiliza un dispositivo patentado para medir e corrixir a afinación na música.
Orixinalmente, Auto-Tune foi deseñado para disimular ou corrixir desafinacións, permitindo que as pistas vocais estiveran perfectamente afinadas. A canción de Cher de 1998 «Belive» popularizou a técnica de usar Auto-Tune para distorsionar as voces. Desde entón, foi utilizado por moitos artistas de diferentes xéneros.
Actualmente, este software converteuse nunha ferramenta indispensable na industria discográfica, sendo utilizado por unha ampla gama de artistas. O certo é que o nivel de corrección de ton empregado en cada unha das pistas dun tema pode ser modificado, con todo, o seu uso popularizouse a mediados da década pasada debido ao impacto da música urbana, o trap e o reggaetón. En España, algúns dos artistas máis recoñecidos polo uso do Auto-Tune son Yung Beef, Bad Gyal ou C. Tangana.
En 2018, o crítico musical Simon Reynolds observou que o Auto-Tune «revolucionara a música popular» describindo o seu uso para efectos como "a moda que simplemente non desaparecería".
FUNCIÓN
Auto-Tune está dispoñible como un complemento para estacións de traballo de audio dixital en entornos de estudio, así como nunha unidade independente montada en rack para procesamentos en presentacións en vivo.
O procesador axusta lixeiramente as afinacións ao semitono correcto máis próximo (ao ton exacto da nota máis próxima na afinación temperada tradicional).
0 comentarios: