Orellas de Entroido
Uns dos doces típicos do Entroido ou Carnaval Galego son as “orellas de Entroido”.
Trátase dun anaco de masa estirada moi fina, frita en abundante aceite e espolvoreada con azucre.
Ingredintes:
100 ml de esencia de anís
100 g de manteiga
1 chisco de sal
2 ovos
550 g de fariña
Raspadura dun limón
10 g de zume de limón
30 g de aceite de xirasol
Aceite suave para fritir
Azucre para espolvorear
Paso:
1.Bate os ovos
2.Añade a esencia, o aceite, a manteiga, a raspadura de limón, o zume de limón e mestura ben.
3.Agrega a fariña e mestura, despois de 5 minutos volca o bol, dalle forma de bola e espolvorea fariña.
4.Envolve a masa nun “film” e pono no refrixerador durante media hora (ou cúbrea cun pano de fío durante un par de horas para que "suba a masa").
5. Collemos a masa e a cortamos en anacos de 40 g, despois os estiramos e cortamos trocos rectangulares aos que lles daremos forma de orella na sartén cunha culler).
6. Fritimos a lume alto.
7. Sacamos as orellas, cando as sacamos saen brandas así que...ter coidado ou romperanse. Temos que absorber o aceite, colocándoas enriba dun papel de cociña, e as espolvoreamos co azucre.
0 comentarios: