Últimas Novas
0 comentarios

A Dana

                                                                                       Feito por Álvaro C., David, Martina, Xabi.                

DANA significa "Depresión de alto nivel illada" e é basicamente unha masa de aire frío que está illada e circula a gran altitude, un embalsamamento de aire frío con circulación pechada en niveis altos e con sentido de xiro ciclónico.

Ocorreu que de tanta chuvia os ríos empezaron a ter auga de sobra, desbordáronse. Esta auga cubriu estradas, pasou a outros ríos...e chegou a catástrofe.

O fenómeno que afectou a España (coñecido como Dana) soe producirse durante a estación outonal porque a calor superficial que queda do verán atópase cunha repentina invasión fría no aire procedente das rexións polares.

A Dana afectou a sitios como Valencia, Málaga, Tarragona, Alicante, Barcelona, Paiporta...ademais de ter alerta laranxa nas Illas Baleares.

En total en Valencia caeron 250/300 litros por metro cadrado. En Málaga chegaron a caer 120 litros por metro cadrado en 12 horas, e nos outros sitios foi similar.

Houbo moitísimos mortos, feridos e desaparecidos, sobre todo en Valencia.

O cambio climático afectou á dana porque a enerxía adicional na atmosfera e o quecemento global xeran condicións favorables para a formación de eventos intensos como a dana.

Unha das cousas que se poden facer para que esta traxedia non volva ocorrer son, por exemplo:

- Promover barreiras portátiles en rúas e edificios.

- Desurbanizar zonas, recuperando espazos de inundación libres de obstáculos.

- Permeabilizar barrios urbanos inundables con espazos permeables e filtrantes u estanques  para almacenar auga.



( Etiquetas: ) Ler máis
1 comentarios

Curiosidades sobre animais

                                                                                           Feito por Ainhoa, Álvaro D., Xiana e Xavi.

                                  

Informamos sobre os animais que teñen habilidades ou curiosidades importantes.

O mundo animal é sorprendente e del aprendemos un sen fin de datos curiosos, máis propios de películas de ciencia ficción:


    • Un animal moi intelixente é o delfín xa que é un excelente comunicador a través de xestos e sons complexos.

    • A araña saltarina é un pequeno arácnido que destaca pola súa habilidade para saltar distancias impresionantes de ata 50 veces o seu tamaño.

    • Os íbices, son cabras dos Alpes, son animais que poden camiñar por paredes, rocas…case verticais.

    • A rata topo ten a maxestosa habilidade de non envellecer.

    • A formiga explosiva de Malasia  ten un mecanismo de defensa fóra do común: cando a súa colonia é atacada suben ao abdome do animal e inxéctanlle  unha substancia moi velenosa.


    • O falcón peregrino é unha ave capaz de alcanzar os 300km/h no voo.

    • As sepias son uns moluscos cefalópodos coñecidos por ter unha habilidade única no reino animal , xa que se poden camuflar á perfección no entorno.

    • A araña codia de Darwin ten a habilidade de fabricar a tea de araña máis forte do mundo.

    • Os tardígrados son os organismos máis resistentes de toda a terra.

    • As aves lira teñen a capacidade de repetir calquera son que imaxines á perfección. 

( Etiquetas: ) Ler máis
2 comentarios

As redes sociais

                                                                                              Feito por Aarón, Micaela, Otto e Xulia.           
POR QUE ESTAMOS ADICTOS ÁS REDES SOCIAIS?

Segundo os expertos, hai tres motivos fundamentais:

    • A tendencia á impulsividade. É dicir, que xa imos ao móbil automaticamente.
    • A necesidade de ter unha influencia social ampla e expansiva, é dicir, que sempre imos querer a maior cantidade de “likes”.
    • A necesidade de reafirmar a identidade de grupo.


COMO AFECTAN AS REDES SOCIAIS AO NOSO CEREBRO?

Cando estamos excesivamente no teléfono móbil, nos videoxogos, na televisión..., estimulamos o centro do cerebro facendo que esteamos máis distraídos.
Dependendo do tempo que utilizamos dispositivos electrónicos pode ser bo ou malo.

QUE CAUSAN?

Fake news.
Desconcentración.
Roubar datos.
Adicción.
Depresión.
Estrés.
Suicidios.
Pouca autoestima.
Perda de autocontrol.
Dependencia.

COMO PODEN SER ADITIVOS?

Mandando notificacións para que a xente entre na aplicación e que teña máis actividade.
Pensan que somos unha especie de “rata de laboratorio”, que facemos o que eles queiran que fagamos.

Teñen os seus propios obxectivos e os seus propios medios para conseguir o que queren.

As redes dominan practicamente todo o mundo. Contrólannos máis elas a nós que nós a elas.

AS REDES SOCIAIS E OS ADOLESCENTES

 Afecta a saúde mental e fai que os/as adolescente se comparen constantemente e xera que se poñan en perigo polos comentarios e “likes”.

O impacto negativo das redes pode xerar ansiedade de encaixar na sociedade, grupo...

A exposición ás pantallas moito tempo pode provocar fatiga visual, dor de cabeza, dores de pescozo e lombo con outros problemas de saúde relacionados coa postura xa que cando estas co móbil desconectas de mundo e só te centras na pantalla.

Un dos grandes problemas é que se critican fisicamente, chegando incluso a extremos de facer a cirurxía plástica.

Reflexión: 

Podemos desde pequenos/as aprender un bo uso das pantallas, ser autocríticos/as e ter conciencia de nós mesmos/as.





















( Etiquetas: , ) Ler máis
1 comentarios

Felicitacións de cumpreanos (1º trimestre)

                                                                                         Feito por Andrea, Cloe, Bruno e Raúl.                 

Neste trimestre cumpriron anos varias persoas:

Queremos felicitar a Alba que o 2 de setembro cumpriu 11 anos.

A nosa profesora, María, que cumpriu este 10 de setembro.

Micaela que cumpriu 11 anos o13 de setembro.

A Bruno, que cumpriu 12 anos o 14 de setembro.

E, por último, a Raúl que cumpriu 11 anos o 27 de outubro.

Felicidades a todos e todas!


( Etiquetas: , ) Ler máis
2 comentarios

Polvoróns de améndoa

                                                                                                       Feito por Alba, Iago, Leo e Zoe.            


Hoxe imos mostrarvos unha receita do nadal que está para chuparse os dedos: polvoróns de améndoas.

INGREDIENTES PARA 28 POLVORÓNS:

160g de fariña de trigo

40g de améndoa moída

80g de manteiga de porco

60g de azucre glass

2g de canela moída

2g de sal


PASOS:

1. Torramos a fariña

2. Untamos con fariña nunha bandexa de forno e cocemos a 180ºC, forno requentado con calor 

arriba e abaixo, uns 15 minutos ou ata que pareza lixeiramente torrado. Retiramos a bandexa do forno, removemos e deixamos arrefriar.

3. Facemos o mesmo coas améndoas, pero cocémolas durante 8 ou 10 minutos, o suficiente

 para que tomen algo de cor. Retiramos a bandexa do forno, removemos e deixamos arrefriar.

4. Cando a fariña estea fría, peneiramos e colócamos nun recipiente grande e fondo.

5. Engadir as améndoas moídas, o azucre glass, un chisco de canela moída, outro chisco de sal e a manteiga a temperatura ambiente. Remexemos e mesturamos ata obter unha masa homoxénea.

6. Envolvemos a masa en papel film e deixamos repousar no frigorífico polo menos media hora.

Transcorrido o tempo de repouso, estendemos a masa sobre unha folla de papel vexetal.

O grosor depende do gusto, pero o ideal debería estar entre 1-1.05 centímetros.

7. Cun cortador de masa redondo cortamos a masa. Se usamos un pequeno, sairán máis unidades.

Colocámolas nunha bandexa de forno con papel manteiga ou nunha alfombra de silicona.

8. Colocamos a bandexa no forno, requentado a 210ºC con calor arriba e abaixo, e cociñamos uns

dez minutos. Hai que vixialas para que non se asen demasiado porque as amargan. Sacámolas en canto

vexamos que os bordos comezan a dourarse.

9. Retiramos a bandexa do forno e deixamos arrefriar os polvoróns antes de polvorealos con azucre

glass e trasladamos con moito coidado a un prato de servir.

Tamén podemos envolvelos nos seus característicos papeis.

( Etiquetas: ) Ler máis
0 comentarios

Comezamos unha nova andadura!


Convidámosvos a visitar este blog que agora vos presentamos.

Nace coa intención de ser unha ferramenta máis do noso traballo coas palabras, máis eficaz, pero tamén máis atractiva para todos e todas nós.

Cada unha das entradas que irán aparecendo ao longo do curso, leva detrás un enorme traballo de selección, redacción, creatividade, busca de información…Por iso vos pedimos que o miredes con agarimo, é froito do noso esforzo.

Esperamos que o desfrutedes tanto como o facemos nós ao crealo.


( Etiquetas: ) Ler máis