Polvoróns de améndoa
Feito por Alba, Iago, Leo e Zoe.Hoxe imos mostrarvos unha receita do nadal que está para chuparse os dedos: polvoróns de améndoas.
INGREDIENTES PARA 28 POLVORÓNS:
160g de fariña de trigo
40g de améndoa moída
80g de manteiga de porco
60g de azucre glass
2g de canela moída
2g de sal
PASOS:
1. Torramos a fariña
2. Untamos con fariña nunha bandexa de forno e cocemos a 180ºC, forno requentado con calor
arriba e abaixo, uns 15 minutos ou ata que pareza lixeiramente torrado. Retiramos a bandexa do forno, removemos e deixamos arrefriar.
3. Facemos o mesmo coas améndoas, pero cocémolas durante 8 ou 10 minutos, o suficiente
para que tomen algo de cor. Retiramos a bandexa do forno, removemos e deixamos arrefriar.
4. Cando a fariña estea fría, peneiramos e colócamos nun recipiente grande e fondo.
5. Engadir as améndoas moídas, o azucre glass, un chisco de canela moída, outro chisco de sal e a manteiga a temperatura ambiente. Remexemos e mesturamos ata obter unha masa homoxénea.
6. Envolvemos a masa en papel film e deixamos repousar no frigorífico polo menos media hora.
Transcorrido o tempo de repouso, estendemos a masa sobre unha folla de papel vexetal.
O grosor depende do gusto, pero o ideal debería estar entre 1-1.05 centímetros.
7. Cun cortador de masa redondo cortamos a masa. Se usamos un pequeno, sairán máis unidades.
Colocámolas nunha bandexa de forno con papel manteiga ou nunha alfombra de silicona.
8. Colocamos a bandexa no forno, requentado a 210ºC con calor arriba e abaixo, e cociñamos uns
dez minutos. Hai que vixialas para que non se asen demasiado porque as amargan. Sacámolas en canto
vexamos que os bordos comezan a dourarse.
9. Retiramos a bandexa do forno e deixamos arrefriar os polvoróns antes de polvorealos con azucre
glass e trasladamos con moito coidado a un prato de servir.
Tamén podemos envolvelos nos seus característicos papeis.
2 comentarios:
Martina, alumna de 6ºA: Paréceme moi interesante e ten moi boa pinta.
Xulia alumna de 6ºA: Faiseme a boca auga!!!!! xa teño algo pra facer esta tarde!!!